Instrumentos de percusión.

Os instrumentos de percusión son aqueles que producen son ao ser golpeados, entrechocados, sacudidos, etc.
Estes están considerados como os instrumentos máis antigos e recobraron un papel moi importante na orquesta do século XX. A percusión destaca pola variedade de timbres que é capaz de producir e pola súa facilidade de adaptación con outros instrumentos, ademáis de que se pode obter unha ampla variedade de sons segundo as baquetas ou mazos que se utilicen para golpear algúns destes instrumentos.
Dende o punto de vista musical pódense clasificar en dúas categorías: instrumentos de entonación definida ou determinada e instrumentos de entonación indefinida ou indeterminada.
Os instrumentos de afinación definida son aqueles que producen notas identificables ou por dicilo doutra forma son aqueles cuxa altura de son esta determinada. Dentro desta categoría podemos destacar: os membráfonos, aos cales pertencen os timbais, que  para obter a afinación deseada a membrana pode tensarse en maior ou menos medida; outros exemplos de instrumentos membranófobos máis ou menos determinado son os bongos e as congas os cales se tocan golpeando directamente as membranas coas mans. Dentro dos instrumentos determinados tamén están os idiófonos de son determinado como son o xilófono, a marimba (constituída con placas de madeira de distinto tamaño), o metalófono, o glockenspiel ou lira, o vibráfono (constituído con placas de metal a diferencia do xilófono ou da marimba), as campás tubulares, etc.
Marimba                                                                                                     Timbais
Os instrumentos de afinación indefinida son aqueles que producen notas non identificables ou de altura indeterminada. A súa vez clasifícanse en tres grupos, dependendo do material do que estén construídos: madeira; a maioría son instrumentos idiófonos, entre estes están as castañuelas, claves ou bastóns de percusión, maracas, güiro, caixa china, etc. Despois temos os instrumentos de metal; como os crótalos, platillos, o gong, triángulos, cascabeis, cencerro, etc. A maioría tamén son instrumentos idiófonos. Por último temos os constituídos con parche; son instrumentos membranófonos xa que teñen unha ou dúas membranas suxeitas ao corpo do instrumento que funciona como caixa de resonancia, prodúcese o son cando a membrana é golpeada directamente coas mans ou cunhas varillas especiais coñecidas como baquetas. Algúns destes instumentos son: pandeiro, pandeireta, bombo, caixa, tambor, etc.
A batería sería un conxunto de instrumentos pertencentes a categoría de indeterminados.

Platillos                                                                                                             Batería


Habería outras formas de clasificar todos estes instrumentos de percusión, pero considerei que esta sería a máis sinxela de comprender. Ademais, por exemplo nas orquestas utilizan outra forma de clasificalos, solen diferenciarse entre percusión de parche, de láminas ou pequena percusión. Dende o punto de vista estrutural diferéncianse entre instrumentos de barras, de placas ou de membrana. E segundo outro criterio, pódense clasificar en membranófonos, micrófonos, idiófonos ou placófonos (algunhas destas clasificacións foron utilizadas na miña explicación).

Comentarios