Instrumentos de vento.

O perfeccionamento dos instrumentos foi crucial para a evolución da música. A continuación vou falar un pouco dos instrumentos de vento. Estes divídense en dous grupos, os metáis e as madeiras, dependendo do material co que esté construido.

As madeiras.
Este grupo de instrumentos está formado por frautas, oboes, clarinetes, saxofóns e fagotes. A súa orixe foi una sinxela caña oca con perforacións. A partir de ahí, a búsqueda de posibilidades expresivas e de diferentes timbres fixo que este primitivo instrumento se fose transformando nas variedades que se coñecen actualmente. Esta evolución trouxo consigo a invención de diferentes diseños, onde variou a forma do tubo para modificar o timbre e se chegou a invención de palancas e chaves incorporadas ao instrumento, para abrir ou fechar os orificios, incluso varios ao mesmo tempo. Esto permitiu aumentar a cantidade de sonidos diferentes que cada instrumento pode producir.
O filo da embocadura foi substituído por una lengüeta en todos os instrumentos de madeira, agás na frauta. Esta, finalmente terminou por construirse de metal; a única frauta de madeira que continúa en uso é a frauta doce ou de pico, que carece de chaves.

Os metáis.
Este grupo está constituído por trompas, trompetas, trombóns, tubas e bombardinos. Todos eles conservan a súa esencia da forma orixinaria, o corno. O instrumento ten un extremo estreito por onde se sopla a través dunha boquilla (tudel) e un tubo que remata en forma de campá. O material utilizado para a súa construcción foi substituído polo cobre o cal permitiu diseñar máis libremente a forma do corpo do instrumento; dando orixe así a estes instrumentos diferenciados.
Non se decidiu facerlle orificios ao corpo do instrumento porque descubriron una técnica de facer vibrar os labios para alterar a altura do son. Esto non solucionou a limitación de estes de só ser capaces de tocar nunha tonalidade ( sobre a base dos armónicos que pode producir).

Algunhas das melloras máis decisivas na manipulación dos instrumentos foron o tubo corredizo (vara do trombón) e a curvatura do tubo para reducir o tamaño do instrumento.
Persistiu a limitación dos "instrumentos naturais", chamados así porque só podían tocar nunha tonalidade. A primeira solución para esta limitación foi que o executante dispuxese de varios instrumentos afinados en diferentes tonalidades (polo tanto cada un de diferente tamaño).
Esto solucionouse posteriormente mediante o uso de tornillos de recambio, tubos que se colocaban ou quitaban para posibilitar diferentes tonalidades, aínda que era un tanto incómodo e se mantivo ata a invención dos pistóns.
Con esta invención naceron os instrumentos modernos. Un exemplo é a solución da trompa con válvulas accionadas por chaves, isto permitiu que un tubo moi grande ocupase pouco espacio facéndoo así máis manexable.

O grupo dos metáis ten un timbre inconfundible e penetrante, e todos o que o componen teñen unha gran capacidade para complementarse entre eles e reforzar o son do conxunto; agás a trompa, que ten unha sonoridade moi característica.






Comentarios

Publicar un comentario