Tipos de orquestras.

Existen diferentes tipos de orquestas:
       - Orquestra sinfónica                             - Orquestra xoven
       - Orquestra de cámara                          - Orquesta que utiliza unha familia de instrumentos
       -Orquestra barroca                                - Orquestra que utiliza varias familias de instrumentos

A orquestra sinfónica é unha orquestra de gran tamaño que pode chegar a estar constituída por cen compoñentes, denomínase como orquestra sinfónica ou filarmónica. Aínda que antigamente a orquestra filarmónica era unha asociación de amigos que interpretaban música e a sinfónica estaba patrocinada por un particular que pagaba a súa formación, hoxe en día non existe unha diferencia entre ambas, esta denominación solo serve para diferenciar orquestras dunha mesma cidade.

A orquestra de cámara é unha orquestra de pequeno tamaño que abarca todo tipo de conxuntos de instrumentos. Co adxectivo de "cámara" fai referencia, igual que na música de cámara, ao salón na que se desenvolvían.

A orquestra barroca nace no Barroco, grazas ao perfeccionamento técnico dos instrumentos de corda frotada. Esta orquestra estaba conformada por esta sección de corda frotada e o baixo continuo, no cal destacaba o clave.

A orquestra xoven está constituída por estudantes da carreira de música no Conservatorio ou academias privadas. Estas orquestras serven moitas veces como anterior a unha orquestra sinfónica profesional.

Por último, nos tipos de Orquestras que utilizan unha soa familia de instrumentos, están a orquestra de cordas, orquestra de ventos, orquestra de metáis ou orquestra de percusión.
E como tipo de Orquestras que utilizan varias familias de instrumentos están a Orquestra de vento e percusión, que sería unha banda de música; e orquestra de vento, percusión e algún instrumentos de corda, a cal sería unha banda sinfónica.



Comentarios