Trompa.

Nas seguintes publicacións, centrareime máis na explicación máis concreta de distintos instrumentos. Como primeiro deles, escollín a trompa.
Este instrumento, tamén denominado corno francés, desenvolveuse a partir do corno de caza, coa adición de tonos no século XVII e válvulas a principios do XIX.
As Trompas primitivas estaban feitas a partir de cornos vacíos de animais. Posteriormente, construíronse de metal e debido a súa potencia foron utilizados en batallas e nas chamadas de caza como señais en campo aberto. A partir do S.XVI, o seu corpo aparece enrolado en espiral e recibe a denominación de trompa natural.

A trompa nos seus inicios como instrumento de orquesta, só podía tocar notas pertencentes a súa serie de armónica. Esto daba lugar a un problema, se a obra a interpretar cambiaba de tonalidade, o intérprete ou músico debía de cambiar a unha trompa adecuada. Pronto afirmouse como solución a varianza da lonxitude do tubo. Estes tubos extras foron chamados "codos".
A pesar da invención dos codos, o músico seguía dispondo soamente das series de armónicos. Os compositores da época tiñas que dar tempo aos músicos durante as pezas para poder cambiar os tubos extras.
O descubrimento de mediados do S. XVIII de que se podían obter diferentes notas colocando a man dereita dentro da campá, converteuse nunha certa axuda para os intérpretes; aínda así, a calidade de estas notas extras era diferente da das notas principais.

Joseph Hampel representa un punto de inflexión importante no desenvolvemento evolutivo da trompa. Atribúeselle este decubrimento en 1907, da técnica da man para producir sonidos diferentes aos propios armónicos. Hampel, ao probar a introducir no pabellón do instrumento trapos e probar sen eles descubriu que se podían producir todolos sons da escala cromática tapando o pabellón de diferentes formas coa man dereita.
Produxéronse innumerables experimentos para intentar convertir á trompa nun instrumento que puidese tocar máis notas e en máis tonalidades.

Algúns dos experimentos máis significativos foron, a ideación dun instrumento chamado Amorschall (= "sonido amoroso"), polo trompista Kölbel no 1758. Este instrumento era unha trompa constituída con chaves como as dos instrumentos de vento madeira.
No 1788, John Clagget uniu dúas trompas, unha afinada a distancia dun semitono da outra e mediante unha válvula accionada pola man cambiábase a dirección do aire cara unha ou outra tubería.

A invención en 1815 do sistema de vávulas eliminou os "codos". Este sistema supuña que coa adición de tubos extra permanentemente fixados á trompa, as vávulas podían acurtar ou alongar o tubo e producir unha extensión de notas.

https://www.youtube.com/watch?v=JGijhdfKmWM

Algúns dos distintos
modelos de trompa ao 
longo da historia


Comentarios