A orquestra.

Actualmente, o termo "orquestra" fai referencia a un conxunto de instrumentos musicais e dos músicos que os tocan, sexa cal sexa o xénero musical que interpreten.
Na música culta occidental xeneralmente fan referencia con este termo á orquesta sinfónica, é dicir, a un conxunto integrado por numerosos instrumentos de corda máis unha selección de instrumentos de vento-madeira, metal e percusión.
Sen embargo, na antiga Grecia, o termo facía referencia á zona circular situada na parte dianteira do escenario utilizada polo coro, polos bailarins e instrumentistas (tendo en conta que as representacións se realizaban en teatros ao aire libre).
Na Idade Media pasou directamente a facer referencia ao propio escenario.
A historia da orquestra como conxunto de instrumentistas remóntase ao Barroco (s.XVII), mais este grupo comezou a tomar forma a mediados do século XVIII, co clasicismo.

Conformación da orquestra

Inicialmente a orquestra estaba formada por:
  • Cordas: 8 violíns, 3 violas, 2 violonchelos, un contrabaixo e un clavecín (opcional).
  • Vento-madeira: 2 frautas, 2 oboes e un fagot.
  • Vento-metal: 2 trompetas e 2 trompas.
  • Percusión: dous timbais.
A Escola de Mannheim incorporou o clarinete á orquesta e desapareceu o clavecín; Mozart e Haydn fixeron cambios por influencia desta escola. Ademáis introduciuse un segundo fagot, e nalgúns casos un trombón. Cara o 1800 a orquestra creceu e se volveu reorganizar a súa disposión.

Beethoven continuou co avance no crecemento orquestral, e esta se expandiu durante o século XIX. Alcanzou este avance e expansión: aumentando o número de todos os instrumentos de cordas; nas madeiras introducindo o flautín, o contrafagot e nalgunhas ocasións o corno inglés e variantes do clarinete; nos metáis, fixou o uso de trompetas, comezou a utilizar trombóns e recomendou a utilización da tuba; e en percusión, ampliou de dous a catro ou cinco o número de timbais, introduciu o bombo, os platos e o triángulo.


Desenvolveuse da seguinte forma a mediados do século:

  • Cordas: 30 violíns, 12 violas, 10 violonchelos, 8 contrabaixos, un piano e unha arpa.
  • Vento-madeira: un flautín, 2 frautas, 2 oboes, un corno inglés, 2 clarinetes, un clarinete baixo, 2 fagotes e un contrafagot.
  • Vento-metal: 3 trompetas, 4 trompas, 3 trombóns e unha tuba.
  • Percusión: 4 timbais e outros instrumentos de percusión.

Posteriormente Wagner engadiu á orquestra a tuba wagneriana, a cal ten un son bastante similar ao da trompa pero unha oitava por debaixo.







Comentarios