Instrumentos de corda (2º parte).

De forma parecida aos instrumentos de arco tamén se deu a posibilidade de producir sons pulsando una corda. Algúns dos exemplos máis coñecidos son a guitarra e a arpa. Neste caso, a guitarra segue o mesmo principio dos instrumentos de arco para producir sons de diferentes alturas, pero a arpa non. Esta, predetermina a lonxitude diferente das cordas, polo que é preciso dispor dun maior encordado.
Tamén hai instrumentos de corda que funcionan con teclado, como o piano e o clavecín.

O principio seguido para producir sons no clavecín é o mesmo que o da arpa, pero en vez de producilo pola acción directa dos dedos sobre as cordas, prodúceo mediante una máquina que fai que ao pulsar una tecla calqueira, unha pequena cuña lle dea un tirón a corda facéndoa soar.
Este instrumento carece de calqueira posibilidade de controlar o volumen do son mediante a forza dos dedos.
O italiano Bartolomeo Cristófori solucionou este inconveniente coa invención do piano.
O piano permitiu ao executante graduar a propia vontade o volumen do son, tocando as teclas con forza ou con suavidade. Ademais, tendo cordas en lugar de placas metálicas, o son resultou moito máis potente.
A invención do piano marcou o comezo dunha época, pois deu lugar a todo un xénero de música con efectos de sons e expresión que non eran posibles ata ese momento en instrumentos de corda con teclado.
A máquina dun piano moderno é un perfeccionamento deste modelo de Cristófori, o cal carecía de pedais. Posteriormente diseñouse un complexo sistema de palancas que inclúe o uso de pedais.
O pedal dereito permite, combinándoo co teclado, que as cordas continúen vibrando despois de soltar as teclas. O esquerdo, pola súa parte, despraza toda a máquina horizontalmente de maneira que os martillos non golpeen todas as cordas que corresponden a cada tecla. 
Estas características corresponden exclusivamente ao piano de cola, xa que o piano vertical ten importantes diferenzas na máquina.

Unha característica común a todos os instrumentos de corda foi a existencia dun problema, o cal houbo que solucionar. Este era que as cordas capaces de producir sons de baixa frecuencia precisarían ter unha lonxitude desmesurada en proporción ao tamaño do instrumento, excepto observando a existencia dunha relación entre o peso da corda e a frecuencia do son.

A solución para iste problema foi o entorchado, que consiste en enrolar un arame fino ao longo de toda a corda en cuestión. Con este método conséguese aumentar o peso, e a lonxitude queda reducida a dimensións máis practicábeis na construción de instrumentos.
Este tipo de cordas, coñecidas como bordonas, pódense atopar nas cordas das notas máis baixas do piano e tamén na guitarra, na arpa, no violín, etc











Piano de Cristófori                                                                                                    Clavecín

Comentarios