Instrumentos de corda (1ª parte).

Os instrumentos de corda producen sonidos mediante a vibración dunha ou varias cordas, normalmente amplificadas por una caixa de resonancia. Poden producir sons de tres formas diferentes, pulsando, frotando ou percutindo nas cordas.
Nesta entrada vou comezar falando dos instrumentos de corda frotada ou de arco.
Chámaselle cordas ao conxunto de instrumentos de corda frotada formado por violíns, violas, violonchelos e contrabaixos.
As primeras cuestión que se presentaron foron: primeiro, con que obxecto se frotaría a corda; despois, como optimizar o son; e por último, buscaron como abarcar unha gran extensión de sons, dende moi graves a moi agudos, mantendo o timbre uniforme.

O son dos instrumentos de corda frotada obténse a través dun arco, xeralmente de madeira e cun conxunto de cerdas de crin tensadas en forma de cinta fixa en ambos extremos do arco, cun grao determinado de tensión. Con estas cerdas frótanse as cordas; tamén existe una técnica  que consiste en "pellizcar" a corda, o pizzicato.
A experimentación das cualidades e a calidade dos materiais, foi perfeccionando o modelo do arco ao longo da historia. Fóronse axustando a forma, o peso, a lonxitude, a tensión do conxunto de cerdas e a resina que se aplica nestas, ademáis da forma da empuñadura.
Todas estas condicións inflúen no son producido.

Para solucionar a cuestión da optimización do volumen do son, chegouse ao estudo de resonadores. Este estudo tamén permitiu controlar a voluntade, o timbre característico de cada instrumento en particular (tamén dos instrumentos de vento).

Un resonador é un obxecto capaz de recibir vibracións e amplificalas, pode ter moitas formas e tamaños. Tamén é capaz de producir unha vibración selectiva, reforzando certos sons, esta selección depende das características respectivas da onda. Con estes resonadores pódese traballar a forma na que soará finalmente o instrumento.

Dentro do grupo de arcos, o violín é o instrumento que produce os sons máis agudos; o violoncello, ten un rexistro tan amplio que pode producir algunas das notas do violín, todas as da viola, e moitas do contrabaixo.  A viola é una especie de intermediario entre violín e violoncello, xa que a súa tesitura abrangue  os graves e medios do violín e os agudos do violoncello. E por último, o contrabaixo é normalmente o que executa as notas máis graves, mais pode soar case coma un violonchelo.
No conxunto de instrumentos de corda frotada tamén podemos incluír a viola de gamba, pero a diferencia dos demáis, que non conteñen trastes, este instrumento si que os contén.




Comentarios