Relación entre música e ciencia.


A música está moito máis relacionada coa ciencia do que nos pensamos, e ao longo da historia sufriu varios avances tecnolóxicos ou técnicos. 
Moitos términos musicais explícanse grazas a conceptos da física, términos musicais básicos como a altura, o timbre e a intensidade. Ademais, a proporción dos intervalos entre as notas fundaméntanse nas matemáticas. Entre outros, os modelos matemáticos pódense aplicar para indagar na evolución dos estilos musicais.

A música evolucionou con nós dende tempos remotos, xa estaba presente na prehistoria, especialmente nos rituais de caza e guerra, nos que se tentaban imitar os ritmos dos animais.

Esta, tamén está estreitamente relacionada co noso estado emocional. Aínda que cada un ten o seu gusto, unha canción normalmente soa ben para todos cando consta de intervalos armónicos consoantes os cal son un conxunto de tonos afinados asociados ao benestar, asociado a súa vez a certas partes do noso cerebro. Polo contrario os intervalos armónicos disonantes actúan sobre o xiro hipocampal  producindo a reacción típica que sentimos cando oímos ruídos desagradables.
Esta é unha das relacións da música coas matemáticas, xa que como se comentou antes, os intervalos fundaméntanse nas matemáticas, polo tanto na ciencia.

No seguinte enlace atoparedes un video con outros exemplos interesantes e entretidos sobre esta relación entre ciencia e música:

https://www.youtube.com/watch?v=P7FqLP866Qs







Comentarios