Trompa. Segunda parte.


Na actualidade, o modelo de trompa máis utilizado é a trompa dobre Fa / Si b. O instrumento tipo é a trompa en Fa pero, mediante unha chave denominada transpositor, podemos modificar a afinación do instrumento. A trompa dobre Fa / Si b supón unhas vantaxes para o instrumentista respecto á trompa simple en Fa; permite unha maior facilidade na execución e un mellor control do rexistro agudo para o intérprete. Pero, tamén ten alguna desvantaxe: con ela pérdese a calidade propia do son da trompa en Fa. Aínda así hoxe en día a gran maioría opta pola trompa dobre Fa / Si b. 
O modelo de trompa actual está formado por un tubo cónico, longo e estreito enrolado sobre sí mesmo en forma circular, comeza na embocadura e vaise ensanchando gradualmente para rematar nunha campá ou pabellón. A lonxitude do tubo é aproximadamente duns 6'75 m.

A capacidade de extensión da trompa é de case catro oitavas. Maiormente utilízase a clave de Sol para a escritura de trompa, pero ás veces as notas máis graves escríbense en clave de Fa en cuarta liña. Algunhas das principais partes das cales consta a trompa son : a boquilla, o tudel, o mecanismo de válvulas, os tubos adicionais e o pabellón ou campá.

  • A boquilla. En xeral atribúeselle forma de embude. Existe un gran número de boquillas que se diferencian en aspectos sutiles como na anchura do aro, o diámetro do interior da copa, etc. Estes pequenos aspectos poden ser importantes para o instrumentista e poden contribuír a mellorar ou entorpecer a súa técnica. A elección desta, inflúe tamén na calidade de son, na seguridade nas emisións e na facilidade e equilibrio no rexistro grave e agudo.
  • O tudel. Principio do tubo do instrumento onde se coloca a boquilla. Normalmente considérase como final do tudel a bomba de afinación. Ademáis a súa lonxitude pode ser variable segundo os construtores e o modelo, pero non suele sobrepasar os 50 cm. 

  • O mecanismo de vávulas. Entre os tres sistemas que se aplican na actualidade na construcción da trompa, o máis utilizado é o cilindro rotatorio; os pistóns case non se usan.  O modelo estándar de trompa dobre Fa / Si b consta de cinco cilindros, tres dos cales son os que fan que o instrumento sexa cromático; o cuarto serve para por en Fa ou en Si b. Algunhas veces o terceiro pistón é ascendente, é decir, acurta o tubo. Esto significa que cando se acciona modifícase a tonalidade subindo un tono. 
  • Os tubos adicionais. O número de tubos adicionais (ou tamén chamadas bombas) e a súa lonxitude varían dependendo do modelo de trompa e da súa afinación. O modelo de trompa dobre Fa / Si b ten un total de nove tubos adicionais. As súas lonxitudes oscilan lixeiramente en función dos construtores, xa que en cada país acostuman a afinar a frecuencias lixeiramente variables. 

  • O pabellón ou campá. O seu diámetro medio oscila entre 28 e 30 cm. Ten unha importancia moi grande xa que acústicamente é onde se produce o ventre da vibración ( aínda que non no final), o que condiciona a resposta sonora do instrumento. Na trompa adquire maior importancia que noutros instrumentos pola función que desempeña grazas ás "técnicas" da man dereita.



Comentarios